lunes, 14 de julio de 2014

Vídeo da Xincana de Participación Infantil Vilagar...

Vídeo da experiencia de participación infantil na vida comunitaria celebrada no parque Miguel Hernández de Vilagarcía de Arousa o sábado 28 de xuño de 2014.



A xincana consistiu en tres fases diferentes:
1. os nenos e nenas deberían identificar individualmente as súas propias necesidades dentro do seu entorno a través de debuxos.
2. poñer en común as súas necesidades e propostas de acción ao concello en dous murais diferentes.
3. crear prototipos das súas propostas con material reutilizado.
4. facer unha maqueta na que deben debatir para compartir e repartir o espazo proposto.

Os obxectivos desta actividade eran facilitar unha mellor comprensión da realidade que os rodea, fomentar a comunicación e a deliberación, dar renda solta á creatividade, interiorizar o concepto de compromiso social e promover o traballo en equipo.

Organiza a concellería de Xuventude e Voluntariado do Concello de Vilagarcía de Arousa en colaboración coa empresa Ágora Aberta de Ames, A Coruña.

Para este vídeo empregouse de fondo musical o tema "Samba Lelé" de Beatriz Bessa con licenza CC - Atribución

Podes escoitar e descargar o tema en http://www.jamendo.com/es/track/747456/samba-lele

Este documento audiovisual tamén ten unha licenza CC BY 3.0 ES

Termos de licenza_
http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/es/deed.gl

No hay comentarios:

Publicar un comentario